1. Porque é o ÚNICO cómic que gañou o Premio Pulitzer.
2. Porque nunca creerías que un libro protagonizado por ratos podería contar unha
historia tan HUMANA.
3. Porque é unha das mellores maneiras de COÑECER a persecución dos xudíos durante
o Holocausto.
4. Porque a pesar de narrar un dos episodios máis tráxicos da Historia está tinguida,
en ocasións, de HUMOR.
5. Porque si, porque é simplemente INFALTABLE.
Os faiados, é sabido, conteñen portas invisibles, camiños e pasaxes que conducen a outros faiados, que levan a outras casas,ou que comunican, en segredo, con outras persoas. Dende o meu humilde faiado Maus é unha gran lectura!
ResponderEliminarParabéns pola excelente entrada e moitas grazas por compartir este recuncho do voso faiado con tanta sensibilidade e talento. Que emoción!
ResponderEliminarSe a cociña é o corazón dunha casa, no faiado sempre atopei a súa alma...
ResponderEliminarMarabillosa elección: que lugar, que luz, que maxia, que foto, que cómic tan digno de ler nun faiado.
Un cómic incrible. O feito de que sexa en branco e negro colabora a esa sensación de tristeza, de agunstia.. E os momentos nos que o narrador aparece con forma humana pero cunha máscara de rato, apórtalle ese aire de loucura, desconcerto..
ResponderEliminarSen dúbida recomendable.
Por certo, moi inxenioso o detalle do rato sobre a maleta ;)
ResponderEliminar