O autor de Sostiene Pereira e Dama de Porto Pin,
italiano de alma portuguesa, faleceu en Lisboa aos 68 anos.
Será enterrado no mesmo cemiterio que Pessoa, o cemiterio dos Prazeres.
É o momento de que leades o seu Sostiene Pereira: a historia dun envellecido xornalista portugués que en agosto de 1938, nunha Lisboa adormecida pola ditadura, experimenta unha transformación ética e política, que fai del un heroe por un día e logo xa no exilio volve á súa vida monótona e aburrida, lóxicamente.
Pero, COIDADO!, a novela vaivos impoñer a responsabilidade de resolver algunhas cuestións:
Lamentou máis tarde no exilio aquel acto que levou a súa vida cara á incerteza e o risco? Ou soportou todo aquilo fortalecido pola convicción de ter obrado ben? A historia rematou e ninguén, desde agora nin Tabucchi, está en condicións de facilitar unha resposta. Ésta concirne agora aos lectores.
Magnífica elección a de quen se anime con "Sostiene Pereira. Una testimonianza", que foi o título orixinal en italiano do ano 1994. Mais tratándose dunha atmosfera tan portuguesa recoméndovos a versión en portugués (fácil de ler) ou en galego (ed. Galaxia, 1999); en ambas as dúas leva por título: "Afirma Pereira". Hai película sobre a obra con Marcello Mastroianni de protagonista.
ResponderEliminar