ROMANORUM VITA




Apaixoante a viaxe que fixemos da man de Celso Rodríguez,
 arqueólogo director do proxecto, nas excavacións do Pazo de Montenegro.
Unha auténtica viaxe no tempo que empeza no Alto Imperio (27 a.C-284 d C) nunha gran Domus, segue no Baixo Imperio (284 d.C-476 d.C) nun templo adicado ao deus Mitra, continúa nun cemiterio medieval, nun vertedoiro primeiro ligado á manufactura do ferro e despois ás obras da catedral: fragmentos de fiestras, capiteis....e xa na época contemporánea remata a viaxe nunha  fábrica de serrar madeiras, unha tenda e unha fábrica de reparación de alpargatas.

 E para completar a visión da vida en Lucus Augusti, 360 grados a unha vila romana
reconstruida a partir de descripcións literarias e testemuñas arqueolóxicas de hai 2000 anos na Carpa Romanorum Vita, onde descubrimos que os costumes romanos non eran moi distintos aos nosos.
 Se queres segue a viaxe AQUÍ

2 comentarios:

  1. lucas12/3/12

    Gustoume todo,pero o que máis me destacou foi A DOMUS DO MITREO,porque é unha excavación real e o que vexo foi feito polos romanos hai 2000 anos.
    E en cambio a carpa é unha reconstrucción,alí non había nada romano,parecía romano pero non era.

    ResponderEliminar
  2. dani ferreiros12/3/12

    A min gustoume máis a carpa Romanorum Vita, porque me enseñaron como eran os pobos romanos en aquela época, enseñáronnos como era unha casa romana por dentro, como estaba repartida: atrium, cubiculum, triclinio...

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!