"A vida está chea de cousas incribles
que non teñen necesidade de parecer verdadeiras
porque son reais",dice nun momento Nerea no papel de Pai.
"Tentamos facer real o imaxinario",
explica Marcela no personaxe-persoa de Fillastra
Tentades facer real o imaxinario, e vaia se o conseguides!
a obra resultou
REALMENTE FANTÁSTICA!
NORA BOA
MOITAS
MOITAS
GRAZAS
Estas son as preciosas fotos que nos mandaron Estela e Alberte.
Unha aperta para eles. Grazas!
Noraboa! "Fantástica" quédase corto
ResponderEliminar:)
Candela
Ola Candela, grazas polo teu comentario!
ResponderEliminarAcordámonos moito ese día de todos os que formastes parte desta aventura durante anos,estades moi presentes!
Penso que o do teatro no IES Pedregal leva camiño de converterse nunha tradición, alén dunha devoción, que xa o é. Algún día haberá que facer a semana do teatro en Meira, reestreando as obras xa representadas no seu día e co elenco orixinal de actores e actrices, non vos parece? O 30º aniversario do IES sería unha boa ocasión... Ánimo, espallade a idea, non sería tan difícil de facer.
ResponderEliminarEn canto a "Seis personaxes á procura de autor" de novo ten razón Candela: fan-tás-ti-ca, unha delicia que encheu a casa da cultura e o gorro da colecta.
ResponderEliminarPodo contarvos unha exclusiva? Haberá nova representación en breve!
Non esperaba menos éxito. Hai talento, hai canteira, hai apoio... e hai público! Gustaríame moitísimo ter estado aí para vervos e aplaudir a rabiar. Noraboa a todos!
ResponderEliminarPara cando unha xira por Galicia adiante?
Grazas a todos. A satisfación que se sente cando o público che aplaude non se pode explicar con palabras. Oxalá que houbera moitas máis representacións, porque, sen dúbida, Seis personaxes á procura dun autor foi unha obra especial.
ResponderEliminarGustoume moito. E unha ledicia ver a xente nova implicada neste tipo de actividades.
ResponderEliminarPareceme moi boa idea a de Francisco.
Eiiii, sabedes unha cousa?
ResponderEliminarXa hai data para a nova representación!!!
Será o vindeiro 10 de xuño no Salón de Actos do Concello de A Pastoriza!!!
Ás 10 da noite. E tranquilos, só hai un Croacia-Irlanda a esas horas.
ResponderEliminar