Pódese falar co silencio?
Os planos e os encadres poden ter voz,
pode a forma contar o que as palabras non contan?
Esta é a máxia do cine de Antonioni.
Na escena final de El Eclipse, encadea seis largos minutos de planos cos que retrata o interior do ser humano a través de imaxes cotiás: un parque deserto, o vento entre as follas das árbores, unha avenida solitaria, unha cañería rota, o lento descorrer da auga cara unha alcantarilla, unha muller agardando nunha esquina, o berro dos vellos neumáticos dun autobús, un home lendo o periódico, un edificio en construción ....
o baleiro que suxiren as imaxes é o baleiro dos dous protagonistas: dúas persoas que, sen ningún motivo, chegan ao final da súa relación e ningún dos dous acude ao lugar da cita.
Fai hoxe cen anos nacía en Ferrara Michelangelo Antonioni.
Antonioni morreu o 30 de Xuño de 2007, o mesmo día que Ingmar Bergman, aínda que con propostas moi diferentes os dous fixeron "cine de autor" e colocaron o THE END o mesmo tempo.
ResponderEliminar