THE BEATLES, 50 anos

             Por RITA, 14 anos

En outubro de 1962 
as emisoras musicais inglesas comezaron a radiar un disco dun grupo de Liverpool. 
Publicado por EMI ofrecía cancións de dous compositores descoñecidos: 
John Lenon e Paul McCartney
a canción da cara A titulábase Love me Do e colocouse rapidamente nas listas de éxito británicas:


Con este tema abriuse a máis espectacular carreira musical do século XX. En 1962 The Beatles era un grupo con tres membros fixos: Lennon, McCartney e George Harrison,e o batería Pete Best que foi substituído por Ringo Star. Un ano despois conquistaron Estados Unidos e a partir de aí todo foron records: discos vendidos, versións dos seus temas, audiencias televisivas (70 millóns de espectadores), asistencia a concertos, número de fans...


Pero o que eu vos quero contar é a miña experiencia persoal, porque creo que a música é moi importante para unha persoa, incluso creo que pode cambiar o mundo, a veces máis que a política!: 
"En unha ocasión que eu estaba enferma púxenme a ler un libro sobre The Beatles, o libro titúlase THE BEATLES the illustrated biography, chamoume a atención unha canción da que se contaban as circunstancias que a inspiraran: I want to hold your hand (clic), entón funme a You Tube para poder oíla, e que pasou? pois pasou que me emocionei, e comecei a sentirme moi ben, incluso a miña abuela se sorprendeu da miña melloría e, non sei, pode resultar incrible pero a min pasoume!"
Gracias Roberto, tu xa sabes porqué, pero senon te acordas cóntocho eu: O día que me preguntaches o meu nome, faláchesme desta canción dos Beatles, que eu non coñecía e que agora me encata e me fixo interesarme cada vez máis polo grupo.

3 comentarios:

  1. Rita de 4º30/10/12

    Gracias tamén a Miguel que nos axudou con aspectos técnicos que non controlábamos.

    ResponderEliminar
  2. Rita de 4º? Eu coñecía a unha de 3º... que sería dela? :)

    Unha aperta para todos por esas terras meiregas. Bótovos de menos.

    ResponderEliminar
  3. Rita de 4º31/10/12

    Roberto: Terás que vir vernos para sabelo.
    Chegou o inverno tamén por aló?
    Lucía: Douche as grazas por prestarme esa marabilla de libro(The BEATLES the illustrated biography) ó que lle teño moito cariño... xa que cando o leo, recordo todas as aventuras que che sucederon en Canterbury.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!