Escritores e gatos


Se che gustan as fotos antigas,os libros e os gatos, 
vaiche encantar este percorrido visual e sentimental pola literatura do século XX, 
que comeza hoxe con Julio Cortázar. 
Xa sabes que aquí somos moi gatunos ,por iso nos gustan tamén os ratos,
así que pouco a pouco iremos engadindo
novas entradas: Raymond Chandler, Hemingway,
Philip K. Dick (o seu gato dá tanto medo coma el e parece igual de atormentado),
Auden, Capote, Sartre e Borges.

 Cortázar, ca súa cámara de fotos e o seu gato,
merece encabezar esta entrada
porque ten toda a pinta de estalo pasando bomba, 
un instante absolutamente perfecto e feliz!

1 comentario:

  1. Anónimo6/2/13

    O gato de Cortázar chamábase Adorno,como o filósofo alemán

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!