Tordo común


Tordo común (Turdus philomelos). 
Ave que cría en bosques, xardíns e parques. Ten o dorso marrón e o ventre amarelento con pintas escuras. Presente todo o ano no norte da Península Ibérica. E omnívoro, e dise que pode usar unha pedra a modo de iunque ou bigornia ,onde romper caracois. Como outros passeriformes, é presa de gatos e aves de rapina. Pero este exemplar parece que foi vítima da xeada do xoves 22 de Novembro, e así apareceu no xardín do centro.

2 comentarios:

  1. Alguén está
    niste aire da mañá.

    Cotolovíos
    ouriolos tordos merleaos!
    Paxaros e paxariños polos ríos
    polo souto e polos chaos
    e bandadas e bandadas
    de estorniños polas labradas.

    Uxío Novoneyra

    ResponderEliminar
  2. Silvia 1º ESO4/12/12

    Pobriño posiblemente morrera pola xeada ! :(

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!