Parecidos razoables,
así se chama a sección que hoxe inaugura BIBLIOMEIRA.
De que se trata? pois basicamente de establecer relacións entre distintos textos:
pintura-cómic, pintura-fotografía, cine-videoclip, cine-pintura....pero tamén música, moda...
Todos somos influídos e influentes.
Á esquerda o cadro Un bar en el Folies-Bergère (1882) de Eduard Manet. Á dereita a fotografía de Jeff Wall Picture for women (1979)
No primeiro o espello posterior ocupa máis da metade do lenzo; aparte da real, viva, figura de Suzon (a camareira) practicamente todo é irreal, reflexo e ilusión.
No segundo, o espello substitúese por unha cámara de fotos que fai a mesma función: capturar o que está fóra do cadro.
No primeiro un home con sombreiro mantén unha conversación coa camareira (no espello)
No segundo o personaxe masculino xoga a ser o reflexo do home que mira á rapaza desde o outro lado da barra.
Nos dous casos o espectador ten a estraña sensación de ser parte da escena.
Se na túa cabeza estás establecendo asombrosos PARECIDOS RAZOABLES fáinolos chegar para seguir publicándoos durante todo o curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!