Xuvenil de estornino pinto


Estornino pinto (Sturnus vulgaris)
Ave de plumaxe negra con reflexos verdes e morados e pintas brancas, pico cónico e amarelo, cola curta e patas avermelladas. Aliméntase no chan, metendo o pico entre a herba para localizar insectos e miñocas. Forma grandes bandadas de máis de mil exemplares.

Apareceu cunha pata ferida cerca do I.E.S. Varios alumnos de 2º da E.S.O. o recolleron e o meteron nunha caixa de cartón cuns furados. Ao principio non pensamos que fora un estornino, porque o máis abundante nesta zona é o estornino negro (Sturnus unicolor) e porque ao ser un exemplar xuvenil non responde exactamente á descripción dada.

Qué facer cando cando encontras un animal ferido?
Para estos casos existen os centros de recuperación de fauna, coma o do O Veral (Lugo). Unha vez avisados,  mandaron  dúas axentes a recoller o paxaro ferido. No centro curaranlle a pata e recuperarano ata que esté listo para volver á natureza.

Lucas e Noel coas dúas axentes que recolleron o paxaro
Pronto o poderemos ver voando no ceo do atardecer, perfectamente coordinado cos seus compañeiros, nun baile espectacular que se chama Murmuration:


3 comentarios:

  1. Silvia 1º ESO5/12/12

    Que ben o paxariño sigue vivo !

    ResponderEliminar
  2. Bonita historia!
    Encántame o sorriso do final do vídeo... Hai forma mellor de expresar o que un espectáculo así transmite?

    ResponderEliminar
  3. O Sturnus vulgaris parece un ourizo cacho nas imaxes, que gracioso o Sturnus.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!