Parecidos razoables:WATCHMEN vs A REALIDADE



Á esquerda, viñeta de Watchmen (DC, 1986), de Alan Moore e Dave Gibbons, na que se ve a foto que o Dr Manhattan deixa en Marte.
Á dereita, unha imaxe da fotografía que o astronauta Charles Duke deixou na Lúa no 1972.

De acordo, a Lúa non é Marte, pero... en calquera caso, bo momento para recordar o sorriso marciano.

CONCURSO LITERARIO: Cartas e dedicatorias de amor.



TAMÉN VALEN PIROPOS!
A EXTENSIÓN é dun folio para as Cartas de amor e de unha a cinco liñas para as Dedicatorias de amor, O TEMA, está claro: 
 Pasión, Celos, Nostálxia, Libido, Desengano, Concupiscencia.... 
A LINGUA, a do corazón, Galego, Castelán, Inglés ou Francés. 
 E o PRAZO remata o 8 de Febreiro na Biblioteca

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Parecidos razoables: WATCHMEN vs Eisenstaedt, Da Vinci, Marc Riboud.


Nos cinco minutos 
que duran os créditos iniciais da película Watchmen, de 2009, dirixida por Zack Snyder
únense virtuosismo técnico, claridade conceptual  e moita mitomanía,
ingredientes que os converten nunha obra de culto.
Estes créditos encárgansense de presentarnos aos protagonistas -Os Vixiantes-, 
que nos contarán o seu pasado ligado a momentos históricos de gran trascendencia.

Non perdades tempo, poñédevos a velos, a música é de Bob Dylan:


Polo menos tres Parecidos Razoables moi evidentes:
a fotografía de Alfred Eisenstaedt, o cadro de Leonardo da Vinci e a fotografía de Marc Riboud.  

  • "The Kiss" en pleno Times Square no 1945, é sen dúbida a fotografía máis coñecida de Eisenstaedt, e un icono da época.


  • O cadro "Il cenacolo" ou "L'ultima cena" (1495-1497) de Leonardo da Vinci, considerada por moitos expertos e historiadores da arte unha das mellores obras pictóricas do mundo.

  • En 1967 a manifestante pacifista Jan Rose plantouse cunha flor diante dos soldados que protexían o Pentágono en Whasington. O fotógrafo Marc Riboud  converterteu a escena nun icono histórico do pacifismo.

...e, SEN MÁIS, empeza a película! Pódese facer mellor?

Liga FANTÁSTICA de Meira

Foto de Andrea Ferreiro

O fútbol e as súas fazañas e remontadas imposibles.
É dos poucos deportes nos que nunca tes a seguridade de gañar. Non sempre gaña o preferido, nin o que máis veces gañou, nin o que máis ocasións crea, nin o que máis ten a pelota, nin o de maior presuposto. O equipo pequeno pódelle gañar ao grande. David contra Goliat. Todo depende da máxia do gol.
Di Galeano:
Por suerte, todavía aparece en las canchas, aunque sea muy de vez en cuando, un descarado carasucia que se sale del libreto y comete el disparate de gambetear a todo el equipo rival, y al juez, y al público de las tribunas, por el puro goce del cuerpo que se lanza a la prohibida aventura de la libertad.

Non pode ser malo algo que che fai gozar e sufrir intensamente durante noventa minutos (vinte, no noso caso) e, unha vez rematado, permite horas interminables de charla cos amigos.
A fábrica dos soños da que falou Di Stéfano.

Clase de Arte en Sta María de Meira(2º BAC)


O martes 15 de Xaneiro os de Hª da Arte de 2º de BAC saímos dar unha clase de Arte á Igrexa de Meira, que mellor sitio para aprender a identificar as características da arte Cisterciénse dos Monxes Brancos do século XII:
1.Arcos e bóvedas de canón lixeiramente apuntadas. Columnas adosadas aos pilares.

                                                                       
2.Capiteis que carecen de decoración figurativa, so a vexetal.


3.Interior iluminado en vidrieiras incoloras. Destacando o Rosetón.


4. Exteriores con rubustos contrafortes e escasa altura.


5. Ferraxes do século XIII con imaxes zoomórficos.


6.Marcas dos canteiros.


7. Canzorros na ábside (can, xabarín, vaca ou cabalo... tivemos un dilema)



8.Bóveda de crucería.


9.Imprescindible pasar pola Pía Bautismal para entrar na Igrexa.

Fotos de Michael


Estudantes e Libros: Noel

WATCHMEN  farache contemplar o verdadeiro rostro do século XX. 
Como exemplo, o chiste que conta Rorschach recordando ó seu amigo El Comediante:

UN HOMBRE VA AL MÉDICO. LE CUENTA QUE ESTÁ DEPRIMIDO. LE DICE QUE LA VIDA LE PARECE DURA Y CRUEL. DICE QUE SE SIENTE MUY SOLO EN ESTE MUNDO LLENO DE AMENAZAS DONDE LO QUE NOS ESPERA ES VAGO E INCIERTO. 
EL DOCTOR LE RESPONDE:
-"EL TRATAMIENTO ES SENCILLO. EL GRAN PAYASO PAGLIACCI SE ENCUENTRA ESTA NOCHE EN LA CIUDAD. VAYA A VERLO, ESO LE AYUDARÁ" 
EL HOMBRE SE ECHA A LLORAR. Y DICE: 
-"PERO, DOCTOR... YO SOY PAGLIACCI".

WATCHMEN  de Alan Moore (guión) e Dave Gibbons(debuxo)
WATCHMEN  dirixida por Zack Snyder
  

Picasso, o equilibrio e a vertixe


-70 grabados de Picasso, un cadro de Laxeiro co nome dunha muller oculto, 
un taller de estampaciónun loro chamado Rabacholun cruceiro,
a estatua dun escritor, graffiteiros e grafittis...

 Que ben o pasamos! e non nos choveu!

NORA BOA, CATARA!

10/01/2013 - María Roca / El Progreso (Vilalba) 
Catara Rego (Foto Teófilo López)

Os institutos Basanta Silva de Vilalba e Pedregal de Irimia de Meira están de parabén despois de que tres dos seus alumnos -dous vilalbeses e unha meirega- atópense entre os 20 mellores estudantes de Galicia, que recibiron recentemente o Premio Extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico do curso 2011-2012, concedido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Miguel González Montes e David Novo Goiriz, de Vilalba, e Catara Rego Abraira, de Meira, xa destacaban nos seus centros educativos polas súas notas, xa que para concorrer ao exame desta bolsa había que contar cunha media mínima de nove neste ciclo.
                                                          
                                                                             Le toda a noticia AQUÍ

2013

.MMXIII en números romanos
. É o primeiro ano en ter catro díxitos distintos desde 1887
.É o ano da serpe segundo o horóscopo chinés
. O ano empeza en martes e acaba en mércores, e ten unha duración de 8760 horas


13 DATOS SOBRE O 13:
.Na última cea, Xesús e os seus discípulos sumaban 13
.Por iso, en moitos países occidentais, o 13 é visto como o número da mala sorte. 
 En España, o día martes 13 é considerado de mal agoiro. 
.A Triscaidecafobia é o medo irracional ao número13.
 .En moitos hoteis a planta 13 utilízase para oficinas e servizos porque 
moitos hóspedes néganse a hospedase nela. 
.Varias aeroliñas (Iberia, Alitalia...) non teñen fila 13 de asentos. 
.Desde 1976, ningunha escudería utiliza o número 13 na Fórmula 1. 
.A carta da morte no Tarot é o número 13
.O capítulo 13 do Apocalipsis predí a chegada do Anticristo.
 .Nunha tradición chamada Sizdah Bedar, os persas abandonaban as súas casas 
cada día 13, para evitar a mala sorte.
.A fase 13 do ciclo de vida dos antigos exipcios era a morte 
(algo positivo, pois a vida tras a morte considerábase mellor) 
.13 semanas é a duración de cada estación
. A Lúa13 voltas completas á Terra nun ano. 
.13 millóns de naves virán de Ganímedes invadir a Terra. 

 ANIVERSARIOS:
 .Cúmprense 200 anos de nacemento de Richard Wagner, 
Giuseppe Verdi e Sören Kierkegaard
. Cúmprense 150 anos da invención do extintor.
 . Cúmprense 100 anos do modelo atómico de Bohr
. Cúmprense 50 anos do discurso de Martin Luther King "Tiven un soño" 
.O IES PEDREGAL DE IRIMIA cumpre 30 anos.
.Cúmprense 20 anos do nacemento da revista LATEXOS
. Google cúmpre 15 anos.