Parecidos razoables: WATCHMEN vs Eisenstaedt, Da Vinci, Marc Riboud.


Nos cinco minutos 
que duran os créditos iniciais da película Watchmen, de 2009, dirixida por Zack Snyder
únense virtuosismo técnico, claridade conceptual  e moita mitomanía,
ingredientes que os converten nunha obra de culto.
Estes créditos encárgansense de presentarnos aos protagonistas -Os Vixiantes-, 
que nos contarán o seu pasado ligado a momentos históricos de gran trascendencia.

Non perdades tempo, poñédevos a velos, a música é de Bob Dylan:


Polo menos tres Parecidos Razoables moi evidentes:
a fotografía de Alfred Eisenstaedt, o cadro de Leonardo da Vinci e a fotografía de Marc Riboud.  

  • "The Kiss" en pleno Times Square no 1945, é sen dúbida a fotografía máis coñecida de Eisenstaedt, e un icono da época.


  • O cadro "Il cenacolo" ou "L'ultima cena" (1495-1497) de Leonardo da Vinci, considerada por moitos expertos e historiadores da arte unha das mellores obras pictóricas do mundo.

  • En 1967 a manifestante pacifista Jan Rose plantouse cunha flor diante dos soldados que protexían o Pentágono en Whasington. O fotógrafo Marc Riboud  converterteu a escena nun icono histórico do pacifismo.

...e, SEN MÁIS, empeza a película! Pódese facer mellor?

1 comentario:

  1. Que inicio de peli!
    Que boa sección! É un pracer ver como todo encaixa.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!