NON DORMEN


Esta fotografía de dous nenos asasinados na Franxa de Gaza a causa dun mísil israelí gañou o premio World Press Photo 2013. O autor da instantánea é o sueco Paul Hansen, que traballa para o xornal Dagens Nyheter.

"Ahí está todo, el dolor y el enfado; la desesperación y la pérdida", declarou Mayu Mohanna, membro do xurado.

O español Samuel Aranda foi o vencedor do certame do ano pasado, coa imaxe dun ferido en Yemen durante as revoltas da Primavera Árabe. Publicada en The New York Times, e tomada na capital Sana, mostraba unha muller cuberta cun veo consolando a un familiar ferido, nunha composición que recordaba unha piedade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!