Feliz aniversario, BiblioMeira!


Feliz cumpleaños BiblioMeira!, en Google

Hoxe cumpro tres anos!

Tres anos desde que comecei, grazas Miguel Abraira, sen sospeitar hasta que punto o entusiasmo se apoderaría de min. E con entusiasmo chégase a calquera sitio!

Recordades Profes e Libros? e Estudantes e Libros?, ou Silencio se lee!!, e os Parecidos razoables?...

Cantas excursións, actuacións,celebracións poden caber en BiblioMeira!

O meu desexo é seguir traballando para que non se me escape ningunha das ideas, ningunha das actividades, nin das lecturas, nin das escrituras, nin dos proxectos... que xeredes todos vosoutros cada día na Biblio, nas clases, nos pasillos, nos recreos...


Grazas, aquí estou para o que faga falta!


BiblioMeira


1 comentario:

  1. Ohhh!!! Moitas grazas! Pero sobre todo, moitísimos parabéns!!!
    Como non imos recordalo? Cada día BiblioMeira danos unha razón para ver nas clases, no instituto e na vida algo máis que exames e cualificacións. Aquí caben todas as cousas boas: aquí atopo o cine, a pintura, o debuxo, os libros, o deporte, a poesía, o xogo... E sobre todo, cada vez con máis forza, en BiblioMeira estades vós, os alumnos. Demostrando cada día que aquí ensinamos todos: os alumnos e os profes.

    Grazas por axudarnos a ver as cousas con outros ollos.
    A polo cuarto aniversario!

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!