O agasallo de Anya na nosa BIBLIO


O Agasallo de Anya é un libro 
que nace  dun proxecto de axuda mutua entre nenos e nenas de Galicia e Ucrania. 

Conta a realidade de dúas nenas de once anos: Xiana , galega, e Anya,ucraína, 
que a pesar dos quilómetros que as separan non son moi diferentes
cando se poñen a falar das súas cousas.
Pero o que de verdade conta O agasallo de Anya
é que despois da aventura que conecta ás dúas protagonistas,
as dúas saen gañando, a axuda é mutua.

A autora, Sabela Singala, 
foi profesora de Matemáticas neste Insti a finais do Século XX, 
e a pesar de ser amiga (e ainda comadre) de Belén e Vitoria escribe libros como este.

Se queres recibir o precioso agasallo,
está nas páxinas deste libro,
só tes que collelo!


3 comentarios:

  1. Belén (conserxe)11/2/14

    Non pensedes que vou para modelo...aínda que valería!hahahaha.
    Nesta foto o importante é o libro que Vitoria e mais eu temos nas nosas mans: O Agasallo de Anya. Gustaríame que moitas e moitos de vós lle adicásedes un anaquiño do voso tempo para lelo, pois iavos de ensinar (como fixo comigo) a ver a vida doutro xeito, a valorar máis o que temos e a un sinfín de cousas máis que iredes descubrindo ao longo da historia.
    Espero con impaciencia os vosos comentarios!

    ResponderEliminar
  2. Ohhhh! Que palabras tan bonitas, comadres! Vós si que sodes escritoras...
    Tócame contarvos que gardo fantásticos recordos daqueles marabillosos anos (finais do século pasado, si) compartidos co alumnado do instituto de Meira.
    Grazas!!!

    ResponderEliminar
  3. Thalía12/2/14


    Mañá collo o libro a ver que é.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!