Fotos de Belén Pedreira |
A pantasma do pazo Tumbiadoiro
de Guillermo Cancelo
polo Grupo de Teatro do Pedregal de Irimia.
Venres 23 ás 13:00 na Casa da Cultura de Meira.
Domingo 25 ás 18:00 na Casa da Cultura de Meira.
Domingo 25 ás 18:00 na Casa da Cultura de Meira.
Corre o ano 1852, nunha parroquia do concello de Meira, celébrase a festividade da Vírxe do Rosario.Este ano non será un máis para a família Tumbiadoiro. No seu pazo, agardan a chegada duns familiares moi especiais asentados en Madrid, uns familiares que veñen a algo máis que pasar as festas. Angustias, a rexenta do Pazo, sabedora das intencións dos convidados, suplica axuda para defender o patrimonio familiar, ante o retrato do seu pai xa falecido. Os criados, Astolfo e Leticia traballan para que a cea saia según o previsto, mentres a familia Tumbiadoiro agarda con impaciencia o encontro.
A frescura, o dinamismo, o valor do texto, a apaixonada interpretación dos actores e a complicidade co público son algúns dos sinais de identidade das representacións deste extraordinario equipo. Equipo composto por alumnos de doce a dezaoito anos comprometidos coa obra desde hai meses. Con moitos anos de traxectoria o Grupo de Teatro do Pedregal de Irimia levou a escena grandes títulos como Trigesimum de Elisa Rio, Seis personaxes á procura de un autor de Luigi Pirandello, ou O anel máxico de Carlo Goldoni.
EN PE!
UN APLAUSO PARA ELES,
PEQUENOS GRANDES ARTISTAS!
Falta nesa lista de grandes obras de teatro Lisistrata jejee!!!!! Moita Sorte actores e actrices, espero poder ir a vervos a Domingo!!!.
ResponderEliminar¡Enhorabuena! seguid así .. ¡seguid seguid seguid...!
ResponderEliminarenhoraboa¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
ResponderEliminar