
O equipo de restauración Esteo de Pontevedra, que está a realizar a restauración do Retablo da Virxe de Meira na Igrexa, ofreceunos a posibilidade de coñecer cal é a finalidade do seu traballo e como se leva a cabo, con exemplos prácticos vimos como se recuperan pezas moi afectadas neste caso pola humidade, como se completan as zonas desaparecidas e con que respeto se pintan para que o aspecto sexa o desexado.
MOI IMPORTANTE: sempre ten que ser evidente cales son as zonas engadidas.
Despois de todas as explicacións sobre a formación e os obxetivos dun restaurador,
sobre materiais, sobre productos químicos...e outros moitos aspectos, unha cousa quedounos clara:
sobre materiais, sobre productos químicos...e outros moitos aspectos, unha cousa quedounos clara:
hai que saber MOITOMOITO para poder restaurar
un libro, un santo, un cruceiro ou unha fonte!
Estais mui ben nas fotos ME ENCANTA.
ResponderEliminarQue interesante¡¡¡ Isto debeu ser interesante.Eu teño unha duda,Que materias debemos utilizar para reconstruir un santo, unha fonte e un libro? Cando lin isto da restauración da igrexa de Meira suxeriume esta pregunta e quria saber a resposta a pregunta que fixen.Grazas a quen me diga a resposta.Un abrazo e un beso.
ResponderEliminarOla Thalía, grazas por preguntar. Para contestarche teríamos que ter estudado Restauración por exemplo na Escola de Pontevedra. Pero podo decirche que para pegar a madeira empregan "cola de coello", en serio!
ResponderEliminarQue e a cola de coello?Non sei o que e asì que decidìn preguntar o que é esa cola e como è .Grazas pola vosa resposta.Unha aperta moi forte.
ResponderEliminar