Preparados, cos planos nas mans,
para descubrir un Ferrol cheo de beleza:
un ensanche ben feito, barrio da Magdalena,
e un Modernismo único que soubo xuntar tradición e modernidade,
adaptando as influencias do Arte Noveau belga ao tipismo local,
(as balconadas brancas e acristaladas que se impuxeron logo en toda Galicia
son un invento do Modernismo ferrolán),
que soubo poñer ventás circulares, balcóns como enredadeiras,
esquinas en forma de románticas torres,
que tatuou follas e flores nas fachadas...
nun intento optimista de poñerlle freo á uniformidade da producción en serie
e á presa que impón o desenrolo industrial.
E, xa pola noite, puidemos comprobar como
ese magnífico exemplo de traballo en equipo que é a produción dun concerto
ese magnífico exemplo de traballo en equipo que é a produción dun concerto
se pode converter en realidade dun xeito coidadoso e profesional.
Resplandece a elegancia, talento e savoir faire de Leiva,
quen logra en moitos momentos que os seus músicos, todos de primeira fila,
soen coma unha verdadeira banda
e que pareza que tocan xuntos dende o instituto.
e que pareza que tocan xuntos dende o instituto.
Tamén está a notable altura a sonorización, a iluminación
e en xeral todo un equipo de produción cuxa cara amable, para nós, foi a de Rosa Salgado
(pronto publicaremos a entrevista que lle concedeu ao alumnado de música de 1º de BAC).
O resto son, como non, emocións. Un variado feixe,
moitas delas reflectidas nas fotos do concerto que vos amosamos.
moitas delas reflectidas nas fotos do concerto que vos amosamos.
Saímos do novo Auditorio de Ferrol
con ganas de parar un intre xunto á ría,
de erguer a vista cara as estrelas...
Despois dunha necesaria cea,
volvemos a Meira coa sensación de ter descuberto cousas novas;
moitas cousas afastadas que en realidade as temos ao carón,
e mesmo dentro de nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!