Que son as ilusións ópticas?:
Son as encargadas de confundir e enganar ao noso cerebro xogando non so coa luz, o brillo, a cor ou o movemento, senón tamén co coñecemento que temos do mundo.
Como de seguro estás de que o mundo é tal como o percibes?
Entender estes fenómenos é útil para comprender as limitacións do sentido da vista do ser humano.
Un sentido no que confiamos CEGAMENTE e que é moi fácil de enganar, como nos demostra
O DINOSAURIO DA BIBLIOTECA.
Esta capacidade para alterar a percepción da realidade pode supoñer un perigo, porque demostra o manipulables que podemos ser. Pero cando se trata dun simple xogo encántanos ser enganados, camelados, engatusados, porque senón non existiría a maxia, nin o cine, nin o puntillismo de Seurat, nin os debuxos de Escher...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!