O pasado xoves 9 de abril,
os alumnos de 3º ESO achegámonos á Coruña
co motivo de facer unha visita ao Planetario, á Domus e ao Acuario
coas nosas profes de Bioloxía e Ciencias Sociais.
Pola mañá fomos ao Planetario
onde vimos unha presentación sobre a evolución do home e do universo.
Tamén poidemos ver distintas mostras de experimentos científicos.
A media mañá comemos e fomos á Domus
donde xogamos coa anatomía e a fisioloxía do ser humano.
Pola tarde achegámonos ao Acuario
que é como entrar nun mundo onírico de cores e atmósferas líquidas...
Persoalmente o que máis me gustou foi o Péndulo de Newton
que hay no Planetario, que me deixou plantada un bo anaco...
A visita foi divertida e moi interesante.
Crónica de Carla Teijeiro
Principalmente o video está xenial. A excursión foi unha experiencia bonita compartida por todos nos, e polas profes, pasamolo moi ben e vimos cousas incribles
ResponderEliminar