OPUS TESSELLATUM por 1º ESO

Os romanos construían os mosaicos con pequenas pezas chamadas teselas, de aí que se referisen a eles tamén como opus tessellatum. As teselas son pezas de forma cúbica, feitas de rochas calcáreas ou material de vidro ou cerámica, moi coidadas e elaboradas e de distintos tamaños. O artista dispoñíaas sobre a superficie, como un crebacabezas, distribuíndo a cor e a forma e aglomerándoas cunha masa de cemento.
Nós utilizamos goma eva e pegamento, pero o traballo foi de romanos!


E para saber máis sobre a cultura romana vimos (e vivimos) unha película,
a ver se sabedes cal foi:

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!