Fai pouco tivemos a ocasión de xuntarnos de novo
con antigos alumnos e alumnas do noso centro.
Unha cita que procuramos se repita cada curso,
polo que nos parece que aporta ao alumnado que agora se encontra no Bacharelato,
e que tampouco tardará en proseguir co seu proxecto vocacional máis ou menos lonxe do PEDREGAL DE IRIMIA.
Compartiron con nos que non sempre é doada esa toma de decisións,
e que os cambios son moitos e moi importantes,
pero tamén que as experiencias son sempre enriquecedoras.
Atópanse en distintos momentos da súa formación,
nalgún caso xa perto de rematala
e visualizando como a poden completar ou incorporarse ao mundo laboral.
Moitas historias diferentes,
tanto dende a Formación Profesional como dende os graos universitarios.
FOI UN PRACER ESCOITATVOS!!!
MOITAS GRAZAS E ATA PRONTO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!