PIC-NIC, polo grupo de Teatro do Pedregal.

A obra, escrita por Fernando Arrabal en 1947, 
é un alegato contra a guerra, contra todas as guerras e o absurdo destas.

A pesar dos anos trancorridos desde que Arrabal a escribiu, 
pode ser representada en calquera lugar do mundo e en calquera época, 
pois tristemente é e será actual. A través duns personaxes inxenuos e inocentes, 
Arrabal traslada ao contexto bélico as solucións da vida civil e cotiá.

Sería unha obra cómica 
(que en ocasións recorda ao comediante Gila) se non fose polo seu final.



O alumnado que asiste á Aula de Teatro mellora a expresión oral e a expresión corporal, 
desenvolve a súa creatividade, aprende a traballar en equipo, a colaborar, 
a relacionarse, a perderlle o medo a actuar en público e a expresarse en lingua galega. 
O noso grupo de teatro conta ademais cunha longa traxectoria,
case 15 anos!!!

O VENRES ÉRGUESE O TELÓN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!