O Samaín na nosa BIBLIOTECA! participa


O próximo 31 de novembro 
é o día do Samaín.




 Nesta celebración, CON MÁIS DE 2000 ANOS DE HISTORIA,
 conmemoramos o remate do período de colleitas 
e o inicio do Ano Novo, 
da nova tempada escura
das chuvias,
das brétemas 
e das treboadas. 
Así, a propia palabra significa "remate do verán".
 E nós, como guardeses e guardesas, 
vinculados aos nosos poboados castrexos deVILADONGA E  DE SAA 
non permitiremos que a festa decaia:

-Ambientación de terror.  teremos na nosa biblioteca unha ambientación típica do Samaín: cavazas, arañas, candeas...
 -Escolla de obras terroríficas. No expositor á entrada da biblioteca poderedes consultar, coller e levar para ler libros destas características de toda a literatura universal.
 -Caderno do medo.  No mesmo moble do expositor atoparedes un libro en branco no que vos pedimos que escribades o que queirades relacionado con esta festividade e co medo. Sentimentos, palabras, fragmentos de novelas e contos, poesía...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!