O ano pasado creamos na Biblioteca
un recuncho novo o que chamamos A DISCOTECA IMPRESCINDIBLE,
convencidos de que a biblioteca debe ser un centro de recursos multimedia
cuxa colección estea composta de material bibliográfico
pero tamén de fondos en soportes sonoros, audiovisuais e electrónicos.
Tratamos de que a discoteca ofrecera unha perspectiva actual
e retrospectiva dos distintos tipos de música,
como manifestación cultural, historica e artística do ser humano.
Para seguir construíndo e promocionando este territorio,
e animados pola campaña da Consellería que nos
“convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras
o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos,
pero sobre todo a experimentar o pracer de expresarse
a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro,
a literatura, a escultura,
as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos)”
decidimos que o tema deste ano sexa
Literatura & Música.
Os meus parabéns pola iniciativa. Animo a rapaces e rapazas a aproveitar esta estupenda oportunidade para aprender á marxe de controis e notas, simplemente polo interese de enriquecerse como persoa. Se non participas non saberás nunca o que te perdiches. Non só de pan vive o home/muller, hai que alimentar o espíritu, o pensamento..... (mirade que me lío, eh?
ResponderEliminarMoitas grazas Marisol!Por seguirnos, por entendernos e por animarnos!Un bico de todos.
ResponderEliminar