Sabedes cantas cousas podemos facer coa nosa voz?


Esta semana o alumnado de 4º da ESO puido disfrutar cun obradoiro 
promovido pola asociación "Ponte nas Ondas" e polo Dpto. de Música 
e impartido por Damián Alonso, actor de dobraxe
con experiencia en locución, voz, publicidade, radio... etc. 

Damián ensinounos trucos e técnicas para mellorar a nosa capacidade expresiva 
a través da voz, exemplificando cada explicación cos seus vastos recursos vocais, 
que nos resultaban familiares por telos escoitado nos medios de comunicación a cotío.
Tamén nos ensinou a empregar ferramentas tecnolóxicas para gravar e publicar
as nosas elaboracións en formato podcast.





Despois de tres horas que se nos fixeron curtas tod@s 
nos sentimos un pouco máis capaces de cautivar con ese 
instrumento marabilloso que levamos dentro. 

Grazas Damián e ata outra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!