DANKE BERLÍN


Que guapo voltou SANCHO de BERLÍN!!


Con esta mensaxe escrita:
"Ola, boa xente!
Espero que berlín vos teña gustado e que axiña regresedes!
Ou tal vez aínda estedes a viaxar e visitedes outras cidades/países.
Pensade que viaxar é un privilexio e que non todos teñen a posibilidade de facelo. Así que aproveitádeo.
En Berlín sodes sempre benvidos!
Abrazos.

Janni"


SANCHO tróuxonos un montón de sensacións e emocións 
convertidas en letras sobre a súa pel, e un cachiño da alma de JANNI!! 

Comezou a edificar unha ponte en Berlín que se concluíu cando chegou a Meira. 
Con el viaxou o perfume e o latexo da cidade, o movemento da man de Janni, a esperanza e o desexo... 
Fíxoo moi ben SANCHO, 
cada vez que o collemos nas mans emprendemos de novo a viaxe.... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!