FEIRENSES finalistas na V Olimpiada Estatística

Desde o 30 de xaneiro ata o 9 de marzo desta ano, celebrouse a 
V Olimpiada Estatística 
organizada polo INE
a Sociedad de Estatística e Investigación Operativa (SEIO
e a Facultad de Estudos Estatísticos (FEE) da Universidad Complutense de Madrid.

Os obxectivos xerais desta V Olimpíada Estatística son:
 -Promover a curiosidade e o interese na Estatística entre os estudantes.
 -Incentivar nos docentes o uso de novos materiais para o ensino da Estatística fomentando a    utilización de datos reais e buscando aplicacións dos coñecementos estatísticos adquiridos.
- Mostrar e achegar o protagonismo da Estatística en distintos aspectos da sociedade a estudantes e      docentes, dándoa a coñecer como estudo universitario.
 -Promover o traballo en equipo e a colaboración para conseguir obxectivos comúns.

Equipo FEIRENSES coa profe de mates SONIA LEDO

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO
participaron na Categoría B: Ensino Secundario Obrigatorio e Formación Profesional Básica.
A Olimpíada Estatística consistiu nunha serie de probas eliminatorias en dúas fases.
Primeira fase: Cada equipo tivo que responder as preguntas expostas nas tres probas que se describen a continuación:
 a. Proba de coñecementos básicos
 b. Proba de uso de fontes de datos estatísticos oficiais
 c. Proba de interpretación de informes estatísticos

Segunda fase: Proba de investigación estatística

Os nosos equipos de 4º de ESO quedaron moi ben clasificados, destacando o traballo realizado polo equipo FEIRENSES, o cal obtivo xa na primeira fase un puntuación de 90 puntos. 

Os gañadores a nivel estatal na súa categoría foron: Equipo: 4ADIGITAL Centro: IES Floridablanca (Murcia) Estudantes: María Fernández Helena León Titor: Ovidio Bañón Ferrándiz.

Parabén a todos polo esforzo e o traballo realizado!

1 comentario:

  1. Maria del Carmen Vazquez Garcia12/4/17

    Muí guapos e guapas salides na foto.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!