A semana pasada
celebramos o Samaín no IES Pedregal de Irimia e especialmente na Biblioteca.
Proxectamos durante os recreos unha montaxe audiovisual con música e imaxes
relacionadas con esta antiga celebración galega, houbo xogos, selección de
películas e libros de terror, moita ambientación e un simpático photocall.
Dende o equipo da Biblioteca queremos agradecer a implicación do departamento
de EPV e da clase de 3º da ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!