Trátase de microrrelato e hai que facelo en galego (a data límite será o 17 de maio, día das letras galegas, para que ninguén se esqueza). A temática será a saída da crise e gustaríanos que con el fixerades unha reflexión do que como sociedade deberiamos abrender desta pandemia. Para máis detalles (extensión, envío, premios, xurado...) consultade as seguintes bases.
ANIMÁDEVOS!!!!
CERTAME LITERARIO: “CANDO
REMATE ESTE PESADELO...”
1. Temática: A temática deste certame
está relacionada co final desta pandemia. Trátase de ver a escrita como unha
ferramenta para poder evadirnos do actual confinamento que nos ata ás nosas
casas coma se fosen gaiolas. Intenta transmitir unha mensaxe de esperanza ou de
como desta pandemia podemos aprender como sociedade!
2. Idioma: A obra redactarase en
LINGUA GALEGA.
3. Categorías:
v CATEGORÍA INFANTIL A (5º e
6º de E. Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira e do CEIP Rosalía de Castro de
Pol).
v CATEGORÍA INFANTIL B (1º e
2º da ESO do IES Pedregal de Irimia).
v CATEGORÍA XUVENIL A (3º e 4º
da ESO do IES Pedregal de Irimia).
v CATEGORÍA XUVENIL B (1º e 2º
de BAC do IES Pedregal de Irimia).
v CATEGORÍA ADULTOS (ex-alumn@s,
ex-traballadores/as do centro e familiares, veciñ@s, amigos do actual alumnado).
4. Modalidade: microrelato (como máximo
unha páxina escrito).
5. Presentación: cada participante poderá
presentar un só traballo (non premiado noutro certame literario). Entregaranse ao
correo electrónico: bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com
(mecanografados, non escaneados). No corpo do correo ten que indicarse a
categoría na que se participa, o título do traballo, o nome e apelidos e un
teléfono de contacto. A maiores, se o participante é alumno/a ten que indicar o
curso no que está matriculado, se é ex-alumn@ ou ex-traballador/a ten que
indicar o grao de relación que tivo co centro (alumno/a, profesor/a, limpador/a...)
e o ano no que abandonou o IES Pedregal de Irimia e de tratarse dalgún coñecido
do alumnado actual o nome do alumno/a e o grao de relación (nai, avó, madriña,
amigo...) con el/a. Neste correo achegarase a obra en formato “word” ou “writer”
e nela non aparecerá o nome do participante (só título e texto). O responsábel da biblioteca actuará como secretario
do certame (sen voto) facilitándolles aos membros do xurado as obras e
custodiando a identidade dos participantes ata a resolución dos/as gañadores/as.
6. Prazo: o prazo de entrega rematará
o día 17 de maio de 2020, día das Letras Galegas.
7. Premios: en cada categoría establécese
un único premio, podendo outorgar algún accésit se o xurado o considerara
necesario.
Cada premio consistirá nun
agasallo conmemorativo, un lote de libros e o correspondente diploma
acreditativo. Os traballos premiados serán publicados na revista Latexos nº 27.
8. Xurado: estará composto por:
v A directora do IES Pedregal
de Irimia (ou persoa en quen delegue).
v O responsábel do Equipo de
Dinamización Lingüística (ou persoa en quen delegue).
v Un profesor/a do do CEIP
Avelino Díaz e outro do CEIP Rosalía de Castro.
9. Entrega de
premios: a
cerimonia de entrega de premios realizarase cando a situación actual, por mor
do COVID-19, o permita.
10. Outros:
A presentación de traballos ao certame supón a conformidade coas presentes
bases por parte dos/as concursantes. O IES Pedregal de Irimia resérvase os
dereitos de publicación das obras premiadas. Se o autor/a publica o
microrrelato noutro medio terá que indicar que foi premiado no presente
certame.
ORGANIZA: IES PEDREGAL DE
IRIMIA
COLABORAN: CONCELLO DE MEIRA, ÁREA DE CULTURA DA
DEPUTACIÓN DE LUGO, CEIP AVELINO DÍAZ DE MEIRA E CEIP ROSALÍA DE CASTRO DE POL
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!