III EXPOSICIÓN MICOLÓXICA IES PEDREGAL DE IRIMIA

O mércores, día 4, e o xoves, día 5, de novembro permanecerá aberta a III exposición micolóxica do IES Pedregal de Irimia. A exposición realizada na biblioteca do centro contou este ano con máis de 250 exemplares de 70 especies distintas de cogomelos recollidos na contorna e perfectamente identificados con cadansúa ficha.

De novo a exposición foi froito da colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus e as achegas de cogomelos de profesorado e alumnado (25) do centro.

A exposición contou como información complementaria con:

  • Unha colección de utensilios básicos dun/ha micólogo/a.

  • Libros, revistas e lexislación micolóxica.

  • Presentación cos conceptos básicos de micoloxía e as fichas ilustradas dos cogomelos máis comúns da contorna.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!