RECOMENDACIÓNS DE COMPOSICIÓN FOTOGRÁFICA PARA DESCARGAR
BASES
1. Temática: A temática deste certame está relacionada coa natureza e os espazos naturais.
2. Categorías:
v CATEGORÍA INFANTIL (5º e 6º
de E. Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira).
v CATEGORÍA XUVENIL 1 (1º, 2º
e 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia).
v CATEGORÍA XUVENIL 2 (4º da
ESO, 1º e 2º de BAC do IES Pedregal de Irimia).
v CATEGORÍA ADULTOS
(ex-alumn@s, ex-traballadores/as do centro e familiares, veciñ@s, amigos do
actual alumnado).
3. Obras: Cada participante poderá
presentar un máximo de tres obras, sendo estas orixinais e inéditas e non
presentándose con anterioridade noutros concursos, webs ou calquera outro medio
dixital ou impreso.
Os
participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non
existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de
imaxe sobre as obras presentadas ao concurso. As fotografías non poderán ser
alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán
fotomontaxes. Permitiranse mínimas correccións de cor e luminosidade.
4. Características
técnicas: As
obras poderán ter un formato e tamaño libre (feitas con cámara de fotos, táblet,
teléfono móbil...). Ademais deberán achegarse en soporte informático en formato
JPEG ou TIFF, a unha resolución de 300 ppp e en RGB. O nome do arquivo será o
mesmo que o título da obra.
5. Presentación: Entregaranse ao correo
electrónico: bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com.
No asunto do correo poñerase: “I Certame de fotografía do IES Pedregal de
Irimia” e no corpo ten que indicarse a categoría na que se participa, o título
do traballo, o nome e apelidos e un teléfono de contacto. A maiores, se o participante
é alumno/a ten que indicar o curso no que está matriculado, se é ex-alumn@ ou
ex-traballador/a ten que indicar o grao de relación que tivo co centro
(alumno/a, profesor/a, limpador/a...) e o ano no que abandonou o IES Pedregal
de Irimia e de tratarse dalgún coñecido do alumnado actual o nome do alumno/a e
o grao de relación (nai, avó, madriña, amigo...) con el/a. Neste correo
achegarase a obra (ou obras) no formato comentado anteriormente. O responsábel da biblioteca actuará como secretario
do certame (sen voto) facilitándolles aos membros do xurado as obras e
custodiando a identidade dos participantes ata a resolución dos/as gañadores/as.
6. Prazo: o prazo de entrega rematará
o día 7 de marzo de 2021.
7. Premios: en cada categoría establécese
un único premio, podendo outorgar algún accésit se o xurado o considerara
necesario.
Cada premio consistirá nun
agasallo conmemorativo, un lote de libros e o correspondente diploma
acreditativo. Os traballos premiados serán publicados na revista Latexos nº 28.
8. Xurado: estará composto por:
v A directora do IES Pedregal
de Irimia (ou persoa en quen delegue).
v O xefe do departamento de
EPV do IES Pedregal de Irimia.
v Un profesor/a do do CEIP
Avelino Díaz.
v O responsábel da biblioteca,
que exercerá de secretario do xurado, con voz pero sen voto.
9. Entrega de
premios: a
cerimonia de entrega de premios realizarase, previsibelmente, o venres, 26 de
marzo de 2021 (antes das vacacións de Semana Santa).
10. Outros:
A presentación de traballos ao certame supón a conformidade coas presentes
bases por parte dos/as concursantes. Coas obras presentadas farase unha
exposición nas instalacións do centro educativo. O IES Pedregal de Irimia resérvase
os dereitos de publicación das obras premiadas. Se o autor/a publica as
fotografías noutro medio terá que indicar que foron premiadas no presente
certame.
ORGANIZA: IES PEDREGAL DE
IRIMIA
COLABORAN: CONCELLO DE MEIRA, ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO E CEIP AVELINO DÍAZ DE MEIRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!