O luns, 22 de marzo de 2021, contamos coa presenza da ilustradora Bea Lema no IES Pedregal de Irimia. Bea impartiu un obradoiro con alumnado de 1º de Bacharelato dentro do programa "ilustarNOS" que promove a Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Bea afondou nas fontes de inspiración e referentes da súa novela gráfica "O Corpo de Cristo", na que trata a enfermidade mental dende a perspectiva dunha nena. Tamén expuxo os detalles doutros proxectos que está a desenvolver como a ilustración dunha colección de libros para unha editorial chinesa.
Moitas grazas a Bea e á Deputación pola actividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!