Esta semana, na que conmemoramos o día do libro, queremos presentarvos unha nova edición dun proxecto literario que encetamos o ano pasado. Queremos que vos animedes vós, alumnado do IES Pedregal de Irimia, tamén vós futuros compañeiros que agora estudades 5º e 6º de Primaria no CEIP Avelino Díaz de Meira e tamén os nosos ex (ex-alumnos/as, ex-traballadores/as) do IES Pedregal de Irimia. Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise epidemiolóxica poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos...
Trátase de microrrelato e hai que facelo en galego (a data límite será o 17 de maio, día das letras galegas, para que ninguén se esqueza). Este curso a temática será totalmente libre para non coartar a vosa creatividade. Para máis detalles (extensión, envío, premios, xurado...) consultade as seguintes bases.
ANIMÁDEVOS!!!!
II CERTAME LITERARIO DO IES
PEDREGAL DE IRIMIA
1. Temática: A organización do certame
non quere limitar a imaxinación dos autores: TEMÁTICA LIBRE.
2. Idioma: A obra redactarase en
LINGUA GALEGA.
3. Categorías:
v CATEGORÍA INFANTIL (5º e 6º
de E. Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira).
v CATEGORÍA XUVENIL 1 (1º, 2º
e 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia).
v CATEGORÍA XUVENIL 2 (4º da
ESO, 1º e 2º de BAC do IES Pedregal de Irimia).
v CATEGORÍA ADULTOS
(ex-alumn@s, ex-traballadores/as do centro e familiares, veciñ@s, amig@s do
actual alumnado).
4. Modalidade: microrrelato (como máximo
unha páxina escrito).
5. Presentación: cada participante poderá
presentar un só traballo (non premiado noutro certame literario). Entregaranse ao
correo electrónico: bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com
(mecanografados, non escaneados). No corpo do correo ten que indicarse a
categoría na que se participa, o título do traballo, o nome e apelidos e un
teléfono de contacto. A maiores, se o participante é alumno/a ten que indicar o
curso no que está matriculado, se é ex-alumn@ ou ex-traballador/a ten que
indicar o grao de relación que tivo co centro (alumno/a, profesor/a,
limpador/a...) e o ano no que abandonou o IES Pedregal de Irimia e de tratarse
dalgún coñecido do alumnado actual, o nome do alumno/a e o grao de relación
(nai, avó, madriña, amigo...) con el/a. Neste correo achegarase a obra en
formato “word” ou “writer” e nela non aparecerá o nome do participante (só
título e texto). O responsábel da biblioteca
actuará como secretario do certame (sen voto) facilitándolles aos membros do
xurado as obras e custodiando a identidade dos participantes ata a resolución
dos/as gañadores/as.
6. Prazo: o prazo de entrega rematará
o día 17 de maio de 2021, día das Letras Galegas.
7. Premios: en cada categoría establécese
un único premio, podendo outorgar algún accésit se o xurado o considerara
necesario.
Cada premio consistirá nun
agasallo conmemorativo, un lote de libros e o correspondente diploma
acreditativo. Os traballos premiados serán publicados na páxina web do IES
Pedregal de Meira e no blog BiblioMeira.
8. Xurado: estará composto por:
v A directora do IES Pedregal
de Irimia (ou persoa en quen delegue).
v O responsábel do Equipo de
Dinamización Lingüística.
v A xefa do departamento de
Lingua Galega e Literatura.
v Un profesor/a do do CEIP
Avelino Díaz.
v O responsábel da biblioteca,
que exercerá de secretario do xurado, con voz pero sen voto.
9. Entrega de
premios: a
cerimonia de entrega de premios realizarase no mes de xuño, nunha data a
determinar.
10. Outros:
A presentación de traballos ao certame supón a conformidade coas presentes
bases por parte dos/as concursantes. O IES Pedregal de Irimia reserva para si
os dereitos de publicación das obras premiadas. Se o autor/a publica o
microrrelato noutro medio terá que indicar que foi premiado no presente
certame.
ORGANIZA: IES PEDREGAL DE
IRIMIA
|
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!