O martes, 22 de xuño de 2021, fíxose a entrega de premios do II Certame literario do IES Pedregal de Irimia, na Casa da Cultura de Meira. Acompañados pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo (Maite Ferreiro), o Concelleiro de Cultura de Meira (Agustín Méndez), o representante do CEIP Avelino Díaz (titor de 6º de EP, Pablo Abuín) e os membros do xurado, entregamos tres premios e dous accésit ás mellores obras.
Dende o IES Pedregal de Irimia queremos agradecer a todos/as os/as participantes (concurriron 46 obras entre as catro categorías!!!) e a todas as entidades colaboradoras.
A continuación deixamos constancia da acta do xurado, xunto coas fotos da entrega de premios.
ACTA
DA REUNIÓN DO XURADO DO II CERTAME LITERARIO DO IES PEDREGAL DE IRIMIA
Sendo as 16:00 h do día 11 de xuño de 2021, na localidade de Meira, reúnense os membros do xurado para fallaren os premios do II Certame literario do IES Pedregal de Irimia, convocado polo centro homónimo e coa colaboración do Concello de Meira, da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do CEIP Avelino Díaz de Meira, do que forman parte:
Presidente: o vicedirector do IES Pedregal de Irimia, D. Óscar Trigo Abraira.
Vocal 1: o responsábel do EDL do IES Pedregal de Irimia, D. Rubén Pol Valiño.
Vocal 2: a xefa do departamento de Lingua Galega e Literatura do IES Pedregal de Irimia, Dna. Pilar Alonso Leivas.
Vocal 3: unha profesora do CEIP Avelino Díaz, Dna. Ángela Fernández Fernández.
Exercendo de secretario do xurado, sen voto, o responsábel da Biblioteca do IES Pedregal de Irimia D. Mario Outeiro Iglesias.
Logo das deliberacións pertinentes e das votacións oportunas, os membros do xurado conclúen declarar premiados no II Certame literario o IES Pedregal de Irimia como segue:
CATEGORÍA: INFANTIL
GAÑADORA: Iris
Fernández García, pola obra “Problemas na aula de 6º”.
ACCÉSIT: Raúl
García Pumares, pola obra “Historia dun piñeiro”.
CATEGORÍA: XUVENIL 1
GAÑADORA: Daniela
Teijeiro Luna, pola obra “Érase unha vez que se era un homiño da nosa terra”.
ACCÉSIT: Antón
Murado Folgueira, pola obra “A vida dunha mazá”.
CATEGORÍA: XUVENIL 2
GAÑADORA: María
Melania Sandu, pola obra “Un inesperado algo”.
CATEGORÍA: ADULTOS
Deserto.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, cando son as 17:00 h do día 11 de xuño de 2021.
CATEGORÍA: INFANTIL
GAÑADORA: Iris Fernández García, pola obra “Problemas na aula de 6º”.
ACCÉSIT: Raúl
García Pumares, pola obra “Historia dun piñeiro”.
CATEGORÍA: XUVENIL 1
GAÑADORA: Daniela
Teijeiro Luna, pola obra “Érase unha vez que se era un homiño da nosa terra”.
ACCÉSIT: Antón
Murado Folgueira, pola obra “A vida dunha mazá”.
CATEGORÍA: XUVENIL 2
GAÑADORA: María
Melania Sandu, pola obra “Un inesperado algo”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!