DÍA DA POESÍA CON AVELINO DÍAZ

 Aproveitando a celebración do Día, ou mellor dito, da Semana da Poesía, realizamos un roteiro literario vinculado á obra do noso poeta, Avelino Díaz, que é, ademais o obxecto do II Concurso de Fotografía convocado pola nosa biblioteca.

Por quendas, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato visitou a casa da Pena, onde residiu Avelino Díaz durante a súa estadía en Meira, e tamén a Praza Maior, a Praza do Concello, a Fonte da Valiña, tamén chamada Fonte dos Frades, a capela de Paredes, dedicada á advocación de San Isidro e a Fonte de Paredes, e, por suposto, o "gurgullante e craro río Miño" (Debezos, 1947), todos eles, lugares que aparecen mencionados na obra do autor. Complementouse o itinerario coa lectura de poemas e aclaracións sobre a súa figura e a súa obra. 

 Esperamos que esta actividade sirva de inspiración para que haxa unha importante participación no concurso e, sobre todo, para axudar a que a figura do poeta vaia acadando o lugar que lle corresponde nas Letras Galegas.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!