ENCONTRO INTERXERACIONAL

O venres pasado, no IES Pedregal de Irimia produciuse un deses momentos máxicos que ás veces xorde no noso camiño. Recibimos a visita das persoas usuarias do Centro de Atención a Maiores de Meira, despois de que unha parte do alumnado, acompañado da profesora de Relixión e do profesor de Valores Éticos, visitase o CAM e intercambiase impresións cos residentes

Foi un momento máxico porque, aínda que debería ser absolutamente normal, non é moi frecuente esta confraternización entre persoas de idades tan distintas, a pesar do moito que se podería aprender dela. Agrádanos inmensamente o contacto entre xeracións distintas, criadas e educadas en momentos e condicións tan diferentes.

Coñeceron o centro, escoitaron poemas, visitaron a bilioteca e foron incluídas na lista de socias da mesma, da cal esperamos que fagan moito e moi longo uso.

MOITAS GRAZAS POR VISITARNOS!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!