O alumnado de 2º e 3º de ESO desprazouse ata Santiago de Compostela para realizar diversas visitas ó longo da mañá.
En primeiro lugar, visitamos as instalacións de MeteoGalicia, onde nos explicaron como se elaboran as predicións do tempo para cada día. Tamén asistimos ó lanzamento dun globo sonda que axuda nesas predicións.
A continuación, fomos ó MUPEGA, Museo Pedagóxico Galego, onde descubrimos cousas moi interesantes acerca da historia do ensino en Galicia dende finais do século XIX ata a década dos anos 70 do século XX.
Despois do xantar no centro comercial As Cancelas, completamos o día desprazándonos ata Padrón para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!