Ideas para facer TÚA a biblioteca




Libros, espazos, luz, puntos de lectura, internet, atención, formación, actividades...
Como pensas que poderiamos mellorar a nosa biblioteca? 
Deixa o teu comentario, e cóntanos o que botas en falta, o que quixeras ver nela, o que falta para termos
 unha biblioteca especial!

Buscamos e recollemos ideas... 

Achégasnos a túa?

18 comentarios:

  1. Eu creo que na biblioteca se deberían instalar máis ordenadores, que sempre están todos ocupados.

    ResponderEliminar
  2. Facendo un concurso para leer,para que os nenos se animen vir mais

    ResponderEliminar
  3. Alejandro18/11/10

    Gustaríame que fora máis grande

    ResponderEliminar
  4. Cristina, Carla, Larissa18/11/10

    Ola,queremos achegar algunhas ideas para a biblioteca. As ideas son as seguintes:
    -Propoñer un cuestionario no que aparezca que película e libro lle gustaría ter na biblioteca.
    -Realizar máis concursos para a integración dos máis novos e os que non están "interesados" na biblioteca. -Facer que reviva a mascota da biblioteca promocionandoa,un concurso para buscar un nome "chulo" para a mascota,vestindoa nas ocasións especiais(Samaín,San Valentín,Entroido...),arreglando o seu mecanismo se non funciona(poñendolle pilas,etc). Seguiremos dicindo ideas orixinais (se se nos ocurre algunha máis) para axudar á biblioteca. Espero que vos gustasen as nosas ideas. Adeus!

    ResponderEliminar
  5. Jannette18/11/10

    Eu creo que a biblioteca debería mellorar tendo un pouco máis de decoración, está moi sosa. Só ten unha calavera que está rota, xa non da corda e un cocho sen pilas. Eu creo que ao cocho lle deberían poñer as pilas e á calavera, amañala. Ademais de tanto libro, podían decorar a biblioteca con cousas que den moito medo (cando sexa o samaín, cabazas, sangue vermella e algo que ría con maldade), con cousas navideñas (árbores, beléns, bombillas no teito, os reis magos...), con cousas do Entroido (chourizos de mentira, garabanzos de mentira...). Deberían reformala un pouquiño no tema da decoración.

    ResponderEliminar
  6. Nerea e Eva18/11/10

    A bombilla acendida desta entrada parécenos moi bonita. Gústanos e non cremos que haxa que cambiar nada na nosa biblioteca: podese atopar de todo e é moi agradable e acolledora, como se adoptase aos alumnos. Un saúdo moi grande de vosas alumnas e amigas.
    Nerea, Eva.

    ResponderEliminar
  7. Unha das cousas que me gustaría facer, un pouco máis divertida, é que tiveramos uns 10 minutos de unha clase, cada dous días, para ir a biblioteca e contarnos algún conto de medo.

    ResponderEliminar
  8. Gustariame que estivera máis decorada: pintar as paredes,que estivera mellor repartida, etc.

    ResponderEliminar
  9. Andrés18/11/10

    Gustariame que houbese máis comics de Naruto e pelis de Pokemon.

    ResponderEliminar
  10. Gustariame atopar comics de Fone Bone.

    ResponderEliminar
  11. Teresa Abreu18/11/10

    Ola! A min gustaríame que houbese o libro de "La brújula dorada".

    ResponderEliminar
  12. Eva e Nerea18/11/10

    Gústanos moito que formen unha páxina da nosa biblioteca. Con respecto a noite de medo pasamolo moi moi moi ben e con moitas meigas pola casa ou eso dician as nosas avoas e avós; tamén nos parece que teriamos q ter unha foto das cabazas sen luz cunha candea encendida para dar máis MEDOOOOOOO.Bueno un saúdo moi forte das alumnas e amigas: Eva e Nerea

    ResponderEliminar
  13. Anónimo19/11/10

    Gústame moito a presentación que ten este blog. Penso que a biblioteca debería ser un pouquiño máis grande, para poder organizar distintos recunchos para diferentes actividades: ordenadores, prensa, cómics, axedrez, libros (estaría ben un lugar para que os alumnos suxiran novos libros para mercar)e sobre todo moito sitio para ler, espazo para estudar... De todas maneiras, está bastante ben, é acolledora... E o máis importante de todo nunha biblioteca: que entren moitas persoas nela!

    ResponderEliminar
  14. Guillermo9/12/10

    Gustariame más comics chulos, e DVDs fútbol,baloncesto e otros...
    Adios

    ResponderEliminar
  15. Como os libos,películas,etc,tamén pode haber xogos de mesa,utilizalos para ocasións especiais e que se poidan levar pero con menos tempo de plazo.
    Grazas por crear este apartado de ideas e adeus.

    ResponderEliminar
  16. Anónimo20/1/11

    Gustaríame que puxerais máis pelis novas porque as que hai están ben, pero son de hai uns anos. Por exemplo as segundas partes de películas que xa atopamos na biblio.
    Ata o próximo comentario!

    ResponderEliminar
  17. Se se celebra o día da muller ,etc neste blog porque non o día da nai?é hoxe!!
    CARLA

    ResponderEliminar
  18. Boa idea, Carla!
    A verdade é que pasóusenos, o mesmiño que co día do pai... E é que todos os días hai algo que celebrar!
    Grazas pola túa aportación.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!