Estamos de NORABOA!
JESÚS CASTRO YÁÑEZ, que o ano pasado cursaba con nós 2º de bacharelato, vén de recibir unha Mención Especial no XV PREMIO ÁNXEL CASAL polo seu poema "Paxarotempos".
Tanto Jesús como o noso centro están agora convidados á entrega de premios que terá lugar no compostelano Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro, o vindeiro xoves 16 de decembro, ás 12 da mañá (poñédevos guapos!).
A súa obra, xunto coa do resto dos premiados, será publicada nun libro por Edicións Xerais de Galicia.
Esperamos poder contar pronto con el na nosa biblio!
Aquí tendes a boa nova! (E lembrade: as vosas metas poñédelas vós... Ánimo!):
Noraboa, Jesús: vas ser o primeiro odontólogo poeta..., ou o primeiro poeta odontólogo?
ResponderEliminar