Premio Literario Escolar Novacaixagalicia

http://www.obrasocialcaixanova.com/images/uploadarchivos/bases_lite_2011.pdf
REQUISITOS:
*Ser alumno de ESO ou de Bacharelato
*Estar entre os 6 mellores relatos que elixamos no centro
*Relatos orixinais e inéditos
*En lingua galega ou castelá
*Xénero a elixir entre:
  a) Poesía: un conxunto de tres poemas, de tema e forma libres
  b) Narración: máximo cinco folios mecanografados a dobre espazo e de tema libre
*Prazo de entrega: ata o 15 de marzo, na túa biblio
PREMIOS:
*Un equipo informático completo (portátil e impresora), para cada un dos gañadores
*Publicación de todos os relatos premiados nun libro

Coma sempre, se tes dúbidas ou queres que te axudemos, deixa un comentario ou pregúntanos na biblio!

12 comentarios:

  1. no premio de relatos curtos de novacaixagalicia refírese cos cinco folios a carillas ou un folio polos dous lados

    ResponderEliminar
  2. Grazas Dina. Así o entendimos na lectura das bases. No blog poñémolo de maneira máis resumida, para que resulte máis asimilable, e porque, ao ter que entregar os textos na biblioteca, os propios profesores encargámonos de revisalos para que cumpran as normas do certame.

    ResponderEliminar
  3. ¿Cuándo se publican los resultados o los premios?
    Gracias.
    Ana

    ResponderEliminar
  4. Ola Ana.
    A base 9 do certame, di que o fallo do xurado farase público nos medios de comunicación o 5 de maio de 2011.
    Podes velo ti mesma, facendo clic na ligazón que hai baixo a imaxe desta entrada na que estamos a comentar.

    ResponderEliminar
  5. Xa se publicaron os resultados?

    ResponderEliminar
  6. Ola Ana.
    De momento non houbo publicación de gañadores.

    ResponderEliminar
  7. me poderian mandar un ha mensaxe ,cando sairan as listas
    Gracias.Bicos

    ResponderEliminar
  8. Miguel5/5/11

    Dice nos medios de comunicacion, pero con iso referirase á TVG ou periodico?

    ResponderEliminar
  9. Andrea5/5/11

    Dixeran que o publicarían nalgúns medios de comunicación. Sabedes onde?

    ResponderEliminar
  10. Diego5/5/11

    Podese saber se xa os publicaron? Eque non sei como coñecer o resultados...

    ResponderEliminar
  11. Nas bases (tendes a ligazón a elas debaixo da foto desta entrada), di que o fallo do xurado será hoxe, 5 de maio de 2011.
    Probablemente, penso eu, hoxe reuniranse e mañá farano público en todos os xornais de Galicia.
    De todos modos, pásovos esta dirección, que é onde penso que o van publicar primeiro, xa que nela deixan todas as noticias culturais de Novacaixagalicia:
    http://www.obrasocialcaixanova.com/es/cultura/
    Estade atentos!... e sorte!

    ResponderEliminar
  12. Xa podedes ver os resultados do certame na ligazón sinalada hai un par de días:
    http://www.obrasocialcaixanova.com/es/cultura/

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!