Imaxe tomada de www.elpais.es |
O Concello de Lugo convoca un concurso de debuxo para ESO e BAC acerca da educación viaria
*Presentar unha soa obra, orixinal e inédita.
*O tema debe estar relacionado coa educación viaria: circulación, seguridade, perigos das estradas, comportamentos dos que as utilizamos (peóns, ciclistas, motoristas, condutores en xeral).
*Facelo en tamaño A3 (dobre folio).
*Admítense todas as técnicas (tinta, acuarela, lapis, cera, cores,...), salvo o uso de ordenador.
*Presentalo na biblio antes do 8 de abril, para o seu envío ao Concello de Lugo e á DXT.
PREMIOS:
Hai dúas categorías: de 1º a 3º ESO, e 4º ESO e BAC. En ámbalas dúas haberá os seguintes premios:
*1º premio: ordenador portátil
*2º premio: minicadea musical
*3º premio: trofeo
Atrevédesvos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!