O Gato de Schrödinger + Sheldon Cooper + Francisco



              A teoría cuántica provoca moitos paradoxos.
E é que a escala máis pequena do Universo, rexida polas leis da física cuántica, parece un desafío ao sentido común e a toda lóxica: dúas partículas e estremos opostos dunha galaxia poden partillar información instantaneamente, dado que os obxectos subatómicos poden estar en máis dun sitio á vez, aínda que o mero feito de observalos poida modificalos radicalmente. O propio Schrödinger foi un dos primeiros en darse conta das sorprendentes consecuencias da superposición cuántica.


              Este autor ideou un experimento mental para tentar explicar este fenómeno: 
Supoñamos que encerramos un gato nunha caixa opaca con un detector capaz de localizar un electrón sempre que este tome unha determinada ruta; cando isto ocorra, accionarase un dispositivo que liberará un veleno na comida do gato causándolle a morte. Se ningún electrón alcanza o ángulo do detector, non se liberará a substancia e o gato vivirá. Porén, a capacidade cuántica do electrón permitiralle estar en dous sitios ao mesmo tempo, podendo así ser detectado e non detectado simultaneamente, o que nos levaría a pensar que o gato estaría vivo e morto á vez. Só no momento en que alguén abrira a caixa se definiría o gato, ou vivo, ou morto.

          Así pois, e como consecuencia de todo isto, é incorrecto falar de que tal ou cal partícula exista con independencia da nosa capacidade de confirmala experimentalmente; dalgún modo, a nosa interacción co mundo é fundamental para que xurda o propio mundo. Dito doutro xeito, as cousas non están aí até que as observamos. Así que a realidade non existe a menos que a experimentemos. É dicir, a realidade encóntrase indeterminada, pois atópase en todos os estados posibles ao mesmo tempo. É o noso acto de observación o que fai que as cousas existan. 

            A vantaxe máis clara deste xeito de ver as cousas é que ten o tremendo valor de introducir un pouco de incerteza na realidade. Non sei para que serve isto exactamente, mais considéroo unha vantaxe: librámonos do determinismo e do dogmatismo. O noso futuro está aberto e, en realidade, non está predeterminado.
A relación de Penny con Leonard está fracasada ou con exito?


1 comentario:

  1. elvira27/4/12

    Espero experimentar que o gato está vivo...

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!