Corre, Javier!

O 15 de Abril disputouse na Coruña o  Maratón A Coruña 42, único maratón homologado de Galicia.E alí se dirixiu Javier, e a pesar do frío, a chuvia, o granizo e o vento que atacaron sen piedade, endurecendo unha proba xa de por si moi exixente, logrou acabar a carreira na Plaza de María Pita, moi satisfeito e con gañas de darlle un bo bocado ó reloxo no seguinte maratón. Cando será?
                                                                   
Cando o soldado Filípides morreu de fatiga tras percorrer os 40km que separan Maratón de Antenas levaba na cabeza unha noticia: anunciar a vitoria dos gregos sobre os persas.
Que che pasou a tí pola cabeza, que ideas che axudaron a rematar esta fazaña?:
-"Superar un reto que no está al alcance de todos. Descubrir mis límites físicos y mentales... e ir más allá. Poder disfrutar del torrente de emociones que te invaden cuando llegas al kilómetro 41 y sobre todo cuando traspasas la línea de meta... lo que sientes no se puede expresar con palabras"
NORA BOA!

4 comentarios:

  1. Ben Javier moi ben segue asi. UN APLAUSO DA MIÑA PARTE

    ResponderEliminar
  2. Así que preparándote para Londres 2012?

    Parabéns Javier! Non hai nada como cruzar metas despois dunha carreira longa e dura. A miña admiración.

    ResponderEliminar
  3. Francisco3/5/12

    Mimá! Calquera día deixas de usar o coche e vés ao Insti a paso de maratón que, total, só son 33 kms.!

    ResponderEliminar
  4. Anónimo21/6/12

    evidentemente, Francisco leva razón jeje porque se podes correr 41 km claramente podes correr 33 jeje

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!