VIAXE A CUENCA-SEGÓBRIGA-TOLEDO



Paramos primeiramente en Tordesillas a visitar as chamadas "Casas do Tratado”,onde os Reis Católicos e o rei de Portugal o 7 de xuño de 1494 subscribiron un compromiso polo que se establecía o reparto do Novo Mundo por medio dunha liña divisoria do Océano Atlántico. É o famoso “Tratado de Tordesillas. Alí vimos un breve documental e o museo, onde, entre outras cousas, estaba o facsímil. Tamén soubemos que nesta cidade estivera recluída corenta e seis anos Juana de Castilla, filla dos Reis Católicos.

A Cuenca chegamos xa tarde e demos un pequeno paseo pola parte antiga da cidade para ver as famosas “Casa Colgadas” e a Praza Maior, onde admiramos a fermosa catedral de Nosa Sra. De Gracia, de estilo gótico normando, a Casa das Petras, o edificio barroco do Concello e un pouco máis aló, a chamada “Torre Mangana”. Todo eran costas, menos mal que agora para abaixo!
Durmimos (os que puideron), nun inextrincable hostal e saimos de mañán para Segóbriga.

Fomos ao Parque Arqueolóxico, pero foi imposible a visita ós restos romanos in situ, xa que o bo tempo non acompañaba e tivemos que ver a tragedia Edipo rei a cuberto no Auditorio de Tarancón. Excelsos estiveron os actores!! Pola tarde marchamos a Uclés e vimos o chamado “Escorial da Mancha” de mans, nin máis nin menos, que do Sr. Alcalde, coñecido de Elvira. Ata nos repartiu pins do escudo da vila!

Durmimos en Toledo nun albergue bastante apiñadiños, pero o día seguinte si que valeu a pena: Alcázar, Catedral, o cadro “O Enterro do Conde de Orgaz” , A Sinagoga do Tránsito, A Casa Museo do Greco e , quen quixo, visitou a Mezquita do Cristo da Luz.

 A verdade que foi unha boa viaxe.!
Anímate a ver as nosas fotos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!