Quedamos para ver a SUPERLÚA?

Este sábado
poderemos ser testigos dun peculiar espectáculo astronómico, 
A SUPERLÚA
que lucirá máis brillante e parecerá máis grande do habitual.

Este efecto débese a que o satélite do noso planeta pasará polo perixeo, o punto da súa órbita máis proximo á Terra!! A parte da órbita máis afastada da terra chamase apoxeo. Os científicos sinalan que a Lúa, no perixeo, parece un 14% máis grande e un 30% máis brillante que no apoxeo.
Os especialistas
recomendan gozar do espectáculo cando a Lúa estea máis preto do horizonte,
ou sexa, xusto despois da súa saída ou antes de que se poña e mellor aínda nunha paisaxe con
árbores,porque potencian a ilusión óptica de que o enorme tamaño do satélite terrestre é aínda 
maior.


A Lúa protagonista,
tamén na literatura:

Hay tanta soledad en ese oro.
La luna de las noches no es la luna
que vio el primer Adán.
Los largos siglos 
de la vigilia humana la han colmado
de antiguo llanto.
Mírala. Es tu espejo.

    Jorge Luís Borges

  "La luna de las noches no es la luna que vio el primer Adán":

                        
despois de ver Space Cowboys 
a nosa Lúa non volverá ser a mesma, nin queixo, nin cómplice de amantes, 
nin responsable de mareas e cosechas;
como mirar a Lúa sen ver un astronauta morto na Lúa, 
no cristal do seu casco o reflexo do planeta Terra, pequeno como un chaveiro...?
A Terra desde a Lúa, crise de identidade, crise de escala.

1 comentario:

  1. Vitoria4/5/12

    Cando volvades o luns teredes algo máis que unha pel brillante, que tamén loce un montón!

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!