200
pulsacións por minuto!,
cantas veces se nos puxo así o corazón nestes anos
pulsacións por minuto!,
cantas veces se nos puxo así o corazón nestes anos
e todas éstas ocasións están encerradas en
LATEXOS19!:
LATEXOS19!:
alegrías, penas, notas, exames, profesores,
compañeiros, luns, excursións, venres, setembros, finais de curso,
traballazo :) (a pesar dalgún que outro erro)
ResponderEliminarPasei por moitos, pero en ningún centro había unha Latexos. E non é o mesmo unha revista do corazón, que unha revista feita co corazón.
ResponderEliminarEste aínda non a vin; pero estou seguro de que latexará, rotunda e chea de vida. Como no vídeo.
Fai 20 anos cando vivía en Bretoña e iba ó voso Instituto de Meira, encantábame escribir, pero aínda máis a bioloxía, e da mistura da forza e ilusión que che da a xuventude, o sentemento que transmite a arte de escribir e o impulso que emerxe da ciencia da vida, naceu esta revista, que só podería chamarse LATEXOS. Pareceme tan maravilloso que sega a latexar, que mando o meu maior agradecemento e noraboa. :)
ResponderEliminarOhhhhh!!!
ResponderEliminarEu tamén lembro, como Sonia, os primeiros números que latexaban nos inicios da década dos noventa.
A verdade é que ler esta entrada puxo o meu corazón a latexar con forza, nel ocupa un lugar especial a vosa revista desde hai xa dúas décadas.
Noraboa e grazas por darlle continuidade a aquel fermoso proxecto.
Sabela (Profe de Mates no, daquela, IESP de Meira entre o ano 1991 e 1995)
GRAZAS!
ResponderEliminarSomos nos os que nos sentimos honrados coa vosa visita.
Latexos19: 19 números vos dan a razón, non estabades equivocadas cando a puxéstedes a latexar hai tantos anos xa(Sonia, segues aparecendo cada ano nos créditos como directora fundadora); e son a nosa razón para seguir, entre sístole e diástole, falando de literatura, e de arte, e de ciencia, e da vida, e das Mates!