LATEXOS


200 
 pulsacións por minuto!,
cantas veces se nos puxo así o corazón nestes anos 
e todas éstas ocasións están encerradas en
  LATEXOS19!
alegrías, penas, notas, exames, profesores, 
compañeiros, luns, excursións, venres, setembros, finais de curso
vacacións!


Nora boa polo traballo e polo corazón!



5 comentarios:

  1. Alba Fernández2/6/12

    traballazo :) (a pesar dalgún que outro erro)

    ResponderEliminar
  2. Pasei por moitos, pero en ningún centro había unha Latexos. E non é o mesmo unha revista do corazón, que unha revista feita co corazón.

    Este aínda non a vin; pero estou seguro de que latexará, rotunda e chea de vida. Como no vídeo.

    ResponderEliminar
  3. Sonia Villapol (neurocientífica en Washington DC)19/8/12

    Fai 20 anos cando vivía en Bretoña e iba ó voso Instituto de Meira, encantábame escribir, pero aínda máis a bioloxía, e da mistura da forza e ilusión que che da a xuventude, o sentemento que transmite a arte de escribir e o impulso que emerxe da ciencia da vida, naceu esta revista, que só podería chamarse LATEXOS. Pareceme tan maravilloso que sega a latexar, que mando o meu maior agradecemento e noraboa. :)

    ResponderEliminar
  4. Ohhhhh!!!
    Eu tamén lembro, como Sonia, os primeiros números que latexaban nos inicios da década dos noventa.
    A verdade é que ler esta entrada puxo o meu corazón a latexar con forza, nel ocupa un lugar especial a vosa revista desde hai xa dúas décadas.
    Noraboa e grazas por darlle continuidade a aquel fermoso proxecto.
    Sabela (Profe de Mates no, daquela, IESP de Meira entre o ano 1991 e 1995)

    ResponderEliminar
  5. GRAZAS!
    Somos nos os que nos sentimos honrados coa vosa visita.
    Latexos19: 19 números vos dan a razón, non estabades equivocadas cando a puxéstedes a latexar hai tantos anos xa(Sonia, segues aparecendo cada ano nos créditos como directora fundadora); e son a nosa razón para seguir, entre sístole e diástole, falando de literatura, e de arte, e de ciencia, e da vida, e das Mates!



    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!