RRR?

RRR?
PERO ISTO QUE É?
O INSTITUTO APARECEU EMPAPELADO CON ESTAS CURIOSAS RRR
PORTAS, PAREDES, EXTINTORES....
Unha mensaxe amenazadora duns invasores extraterrestres? a obra dun descoñecido artista urbano?, un fenómeno paranormal?
SOCOOOORRO!

5 comentarios:

  1. Roberto17/5/12

    Rock & Rock & Roll???

    ResponderEliminar
  2. Francisco18/5/12

    Xa o teño: isto aparece agora por causa da fin de curso; significa que se achega a avaliación final!

    RRR para Aprobar, ou sexa:

    (redución rápida de requisitos para aprobar)

    ResponderEliminar
  3. Marta- 3º ESO7/6/12

    Bo día, seguro que xa o sabedes, pero queremos comentar convosco o que significan estas TRES ERRES que apareceron fai uns días no centro así como outros pequenos carteis decindo SABÍAS QUE...

    Ben, estas TRES ERRES, significan, REUTILIZA, RECICLA E REDUCE, as tres normas básicas coas que cada un de nós podemos contribuír ao coidado do medioambiente. Os carteis de SABÍAS QUE...pretenden informarbos e chamar a vosa atención sobre un problema, o do medioambiente, que é de todos e tamén de cada un de nós!!

    ResponderEliminar
  4. Lorena - 3º ESO7/6/12

    Pensando, na nosa clase de 3º ESO, nas cousas que podíamos facer xuntos, ocorreusenos isto do que vos falamos hoxe. Así fixemos os carteis e buscamos información para os sabías que...e seguro que xa os vístedes, colocamos tamén uns bidóns para recoller papel para reciclar, en breve haberá un bidón amarelo para o plástico

    QUE PODE HABER EN CADA BIDÓN:
    NO AZUL: papel ou cartón, xornais e revistas, libretas vellas (sen aneis, grampas ou arames); papel de envolver embalaxes; caixas de cartón, cartóns de ovos, alcochados de embalaxes; (só se son de papel ou cartón), libros . Deben ser papeis e cartóns limpos.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo7/6/12

    Confiamos en que todos participedes, para máis información entregámosvos uns folletos de SOGAMA, que vos ofrecen información máis concreta.
    Nada máis, lembrade que cada un de nós, somos como dice o folleto: "A PEZA QUE FALTA". Cada un pode contribuir, na súa medida, no instituto e na súa casa ao coidado do medioambente.
    Grazas.

    ResponderEliminar

Que o blog estea vivo, depende de ti. Lembra: escribe ben, manteno limpo, mellórao coa túa aportación. Participa e fainos diferentes!
En Comentar como..., selecciona "Nombre/URL". Pon o teu nome, e deixa en branco o espazo de URL. Así todos saberemos quen somos!