RRR?
PERO ISTO QUE É?
O INSTITUTO APARECEU EMPAPELADO CON ESTAS CURIOSAS RRR,
PORTAS, PAREDES, EXTINTORES....
Unha mensaxe amenazadora duns invasores extraterrestres? a obra dun descoñecido artista urbano?, un fenómeno paranormal?
SOCOOOORRO!
Rock & Rock & Roll???
ResponderEliminarXa o teño: isto aparece agora por causa da fin de curso; significa que se achega a avaliación final!
ResponderEliminarRRR para Aprobar, ou sexa:
(redución rápida de requisitos para aprobar)
Bo día, seguro que xa o sabedes, pero queremos comentar convosco o que significan estas TRES ERRES que apareceron fai uns días no centro así como outros pequenos carteis decindo SABÍAS QUE...
ResponderEliminarBen, estas TRES ERRES, significan, REUTILIZA, RECICLA E REDUCE, as tres normas básicas coas que cada un de nós podemos contribuír ao coidado do medioambiente. Os carteis de SABÍAS QUE...pretenden informarbos e chamar a vosa atención sobre un problema, o do medioambiente, que é de todos e tamén de cada un de nós!!
Pensando, na nosa clase de 3º ESO, nas cousas que podíamos facer xuntos, ocorreusenos isto do que vos falamos hoxe. Así fixemos os carteis e buscamos información para os sabías que...e seguro que xa os vístedes, colocamos tamén uns bidóns para recoller papel para reciclar, en breve haberá un bidón amarelo para o plástico
ResponderEliminarQUE PODE HABER EN CADA BIDÓN:
NO AZUL: papel ou cartón, xornais e revistas, libretas vellas (sen aneis, grampas ou arames); papel de envolver embalaxes; caixas de cartón, cartóns de ovos, alcochados de embalaxes; (só se son de papel ou cartón), libros . Deben ser papeis e cartóns limpos.
Confiamos en que todos participedes, para máis información entregámosvos uns folletos de SOGAMA, que vos ofrecen información máis concreta.
ResponderEliminarNada máis, lembrade que cada un de nós, somos como dice o folleto: "A PEZA QUE FALTA". Cada un pode contribuir, na súa medida, no instituto e na súa casa ao coidado do medioambente.
Grazas.